Mostrando entradas con la etiqueta Escalares. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Escalares. Mostrar todas las entradas

viernes, 9 de diciembre de 2011

Negro Velo con silver peruensis

Aqui unhas fotos do ultimo cruce exitoso, un negro velo, con silver peruensis.
Ainda que se perdeu un pouco o negro (ainda son alevins), acadouse que as aletas fosen moito mais consistentes, un dos rasgos que andabamos buscando. Estes dous forman parte dunha selección de 4 entre mais de 200.


viernes, 20 de agosto de 2010

Posta de Escalares, un gran avance en pouco tempo

Os que me coñecedes sabedes que empecei na acuariofilia en novembro do ano 2009, cunha urna de 50 litros. o primeiro foron guppys, centos en centos, logo planorbis, viñeron os melanoides (todos unha plaga) logo tiven caracois mazán, que bonitos ata que teño uns 1000.

Xa nos principios conseguimos sacar unhas tiradas de coridoras paleatus, non é moita cousa pero levabamos só 3 ou 4 meses, para nos un exito.
Logo chegaron a cherrys, que morea de ovos, logo as crystal, criaron ben pero desaparecon, creo que por erro meu.

Agora logo de 10 meses temos a nosa primeira posta de escalares, estamos que non cagamos con eles, xa que son noviños so temen 7 ou 8 meses, sen nembargantes portanse como bos pais. Unha foto da nai para aclaralo.