Mostrando entradas con la etiqueta Tendas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tendas. Mostrar todas las entradas

martes, 19 de marzo de 2013

Especialistas

Hoxe tocou cotillear un pouco pola rede....
Hai alguns expertos en acuariofilia, con mais de 20 anos de experiencia, que morren no se propio ego. Hoxe puiden comprobar a envexa pura, critican a outras persoas por acadar éxitos que eles mesmos non chegaron a soñar, e logo chegan presumindo de logros absurdos que soamente se basan no capital.
Aclarome, é moi dificil ou relativamente dificil, non dificil en si, senon en tempo, criar discos, pero é moi facil criar cunha parella confirmada e dicir que é un gran logro ou que é algo imposible, cando realmente so se trata de carto.
Alguns amparanse detrás de profesionais da acuariofilia, "profesionais" de pico e pala, falan con fé de deuses e o que saben é o pouco que lles explican os propios usuarios, si, son moitos anos, pero anos que se poden adiantar lendo con sentido e seleccionando o que se lé.
Para esos "profesionais", hai que dicir que un negocio é un negocio, non un bar de copas entre amigos, e logo pasa o que pasa. Agora os amigos son os peores, cres que te estan axudando, cando en realidade miran polo seu propio cú.
Algunha xente pensa que a acuariofilia é o que fan eles, (un negocio), cando é unha experiencia, non importa ser un deus do paisaxismo, un criador de discos, etc. A simple cria de guppys, e tan favorecedora como a reproducción da especie mais dificil, so se trata do momento e o lugar, iso é o que marca todo.
Con respeto a min mesmo, a cria dos guppys por poñer o caso, segue sendo unha experiencia dia a día, algo que cando tento plasmar nun papel ou nun artigo, non chego a facer con propiedade, nunca está o suficientemente ben, hai cousas que se fan e non se plasman. A evolución levame a experiementar, e tentar aumentar espectativas, cousa que tento ir facendo, cun baixo presuposto, pois ainda que alguns non teñan eu si teño unha vida e outras cousas que facer. Hoxe crio guppys, mañá sturios, pasado ramis, o outro discos... (Eu xa o fixen fai 20 anos...) si pero eu fago cun presuposto irrisorio, que se pode permitir calquer persoa. ¿Acaso pensades que a acuriofilia está limitada a crase alta?, pode ser que pensedes iso, pero o que eu fago, podeso permitir calquer, sen ter que comprar materiais de primeira calidade, nen ter que comprar parellas confirmadas. Eu fago unha acuariofilia ao alcance do pobo, de min para ti, e de ti para min, sen crases nobres ou clientes preferentes. Eu non compro un disco por 100€ cando a tenda do lado ten o mesmo por 20, ¿pero non é o mesmo?, si non é o mesmo, pero si se pode facer o mesmo del, coa atención axeitada e o tratamento.

Sorte a todos e que vivades nas vosas ilusions de nobreza

lunes, 9 de enero de 2012

Valoracion das mellores tendas de Galicia

Este post é moi arriscado, xa que cada un saca as suas propias opinións de cada tenda, pero eu fago a miña.


 1º Moises Pontevedra: Calidade e variedade, se tes algo de experiencia podes ter un moi bo trato na tenda. Se es novato, axudanche pero tes que poñer algo da tua parte, polo menos facerlles caso.
 2º Bichos Santiago: Calidade e variedade, un pouco descoidado no aspecto estetico da tenda, pero controla moito do que fala.
  3º Discus Vigo: Sen duvida o unico bo sitio para comprar discos, eso si o propietario faise un pouco antipático, polos comentarios parece que mentres non colledes unha confianza mutua.
  4º Akua Vigo: Bastante variedade, boa calidade e presentación. Botanse de menos materiais e comidas pero en xeral ben.
  5º Pez Vigo: Moita cantidade, quizais demasiada, ainda asi bastante ben. falta un pouco o trato xa que sempre está petado de xente.
  6º Mascotas Pontevedra: A veces ten algo de variedade, nada do outro mundo. Existe neste mundo algo mais que Sera.
  7º Nautilus Coruña: Marca como que trae cousas raras, a min nunca me coincidiron. Peixes en bo estado. Materiais unha seleccion do mellos de cada casa.
  8º Zoolandia Bertamiráns: Melloraron gratamente nos derradeiros anos, gran variedade de materiais, non tanto en peixes, pero xoga tamen cun bo surtido de medicamentos, alguns non moi convencionais.


9º Kiwoko. Todas en xeral, peixes en moi mal estado, augas verdes cantidade de veces. Os peixes son seres vivos, non ofertas de 2x1. Prezos moi caros saindose das suas ofertas, materiais moi escasos.
10º Todalas agrarias de galicia con acuarios: Peixes en moi mal estado, eso si en prezos ben.
11ºArca Vigo: Que non ten claro o seu camiño, que se africano ou amazonico, que se marino ou autoctono, que se hoxe mezclamos discos con phseudotropheus, e mañan marino tropical con camaróns da ria... Moito ollo o que xogades, lede antes a normativa.
 12º Bichos Vigo: Ten unhas baterias impresionantes, e neste mundo hai mais que guppys. Escasez de materiais. Mellorable se se poñen con elo.
 13º Zoolandia Santiago: Sen comentarios. Nada que ver coa de Bertamirans, sendo os mesmos traballadores.
 14º Preakua Vigo: Unha persoa ten que ter palabra do que dí. Non sabe se vai ou ben. Bastante ben de peixes e materiais, pero moi caros.
15 º Mis Bichejos Naron: Existe mas que fluval en acuariofilia, un monton de acuarios escasos en todo. Acuarios que se compran en Alcampo por la mitad de precio. En peces Poco, muy poco, eso si parece que trae alguna que otra cosa rara.
16º +Kotas Cee: Tenda moi pequena, ainda que ten algo de todo. bastante ben para a zona que abarca
17º Hobby Zoo Marineda: Ten bastante material e un bo intento cos peixes, a ver como vai tirando, pero asi por riba parece que non ten moita palabra o propietario.


  CONTINUARÁ.....

viernes, 9 de diciembre de 2011

Tendas de Vigo

Agora que xa coñecemos un pouco máis Vigo e as súas tendas, so cabe felicitar a duas delas, Akua e Pez. A primeira pola calidade e variedade de peixes e plantas que sempre ten, asi coma o trato personalizado, a segunda, Pez, pola variedad acuario-terrario, tanto en doce como marino, e variedade de reptis.

Felicidades a ambos

miércoles, 11 de agosto de 2010

Tiendas de animales

bueno que xa levo recorridas unha boa parte das tendas de animais de Galicia, e creo que non hay moito que dicir,... Punto branco, podredume de aletas, Pinceis.....
todo por unha sobrepoboación nos acuarios, limpeza ou mestura de especies incompatibles.
Creo que todos o vimos, e aquela tenda que temos ao lado da casa da que sempre estivemos a decir que era unha pena como tiña os peixes, podemola extender a todo o territorio galego. Quizais poidamos salvar desta penuria 2 ou 3 tendas, que pola especialización (xa que so se adican a eso) teñen uns certos coidados e coñecementos.

Pero non por isto son mellores, ao final o que importa é o carto. Ben sabemos que é un negocio, pero deberían ter un pouco de dignidade no coidado dos animais, evitar acuarios sobrecargados, manter especies compatibles nas mesmas urnas, unha axeitada alimentación, cos seus cambios de auga, e sinfonados.... Como na casa, para eles debe ser a mesma responsabilidade que tes ti mesmo no coidado dun so acuario pero multiplicada polo numero de urnas que manteñan. Sabemos que é un tempo perdido, ou non tan perdido, pois canto mellos estén os peixes mais vas ir a tenda e mais se vai a comprar RELACIÓN DIRECTAMENTE PROPORCIONAL

Elixamos con coidado onde compramos e o que compramos.