martes, 19 de marzo de 2013

Especialistas

Hoxe tocou cotillear un pouco pola rede....
Hai alguns expertos en acuariofilia, con mais de 20 anos de experiencia, que morren no se propio ego. Hoxe puiden comprobar a envexa pura, critican a outras persoas por acadar éxitos que eles mesmos non chegaron a soñar, e logo chegan presumindo de logros absurdos que soamente se basan no capital.
Aclarome, é moi dificil ou relativamente dificil, non dificil en si, senon en tempo, criar discos, pero é moi facil criar cunha parella confirmada e dicir que é un gran logro ou que é algo imposible, cando realmente so se trata de carto.
Alguns amparanse detrás de profesionais da acuariofilia, "profesionais" de pico e pala, falan con fé de deuses e o que saben é o pouco que lles explican os propios usuarios, si, son moitos anos, pero anos que se poden adiantar lendo con sentido e seleccionando o que se lé.
Para esos "profesionais", hai que dicir que un negocio é un negocio, non un bar de copas entre amigos, e logo pasa o que pasa. Agora os amigos son os peores, cres que te estan axudando, cando en realidade miran polo seu propio cú.
Algunha xente pensa que a acuariofilia é o que fan eles, (un negocio), cando é unha experiencia, non importa ser un deus do paisaxismo, un criador de discos, etc. A simple cria de guppys, e tan favorecedora como a reproducción da especie mais dificil, so se trata do momento e o lugar, iso é o que marca todo.
Con respeto a min mesmo, a cria dos guppys por poñer o caso, segue sendo unha experiencia dia a día, algo que cando tento plasmar nun papel ou nun artigo, non chego a facer con propiedade, nunca está o suficientemente ben, hai cousas que se fan e non se plasman. A evolución levame a experiementar, e tentar aumentar espectativas, cousa que tento ir facendo, cun baixo presuposto, pois ainda que alguns non teñan eu si teño unha vida e outras cousas que facer. Hoxe crio guppys, mañá sturios, pasado ramis, o outro discos... (Eu xa o fixen fai 20 anos...) si pero eu fago cun presuposto irrisorio, que se pode permitir calquer persoa. ¿Acaso pensades que a acuriofilia está limitada a crase alta?, pode ser que pensedes iso, pero o que eu fago, podeso permitir calquer, sen ter que comprar materiais de primeira calidade, nen ter que comprar parellas confirmadas. Eu fago unha acuariofilia ao alcance do pobo, de min para ti, e de ti para min, sen crases nobres ou clientes preferentes. Eu non compro un disco por 100€ cando a tenda do lado ten o mesmo por 20, ¿pero non é o mesmo?, si non é o mesmo, pero si se pode facer o mesmo del, coa atención axeitada e o tratamento.

Sorte a todos e que vivades nas vosas ilusions de nobreza

No hay comentarios: