martes, 6 de noviembre de 2018

Edilkamin Estufas pellet

Bueno, xa fai dous anos que me cambiei aos pellets, como moitos sabedes EDILKAMIN e unha boa marca destas, sen embargo a min doume un erro por ano.

1º ano, garantia da maquina, sustitución de placa e panel.
2º ano, coincidiu cun pico electrico e fixose cargo o seguro, cambio de placa e panel.
3º ano.... pagar 300€??, antes revisoa eu.
 - Limpeza de paneles con limpacontactos (non funciona)
 - Desmontar cableado limpar e volver montar (non funciona)
 - Tirar con ela pola ventá (non creo que funcionase)
 - Votar man de coñecementos informáticos e a absurda loxica de o mais sinxelo e o problema (OK)
 - Solucion, cambiar pila CR2032 de memoria interna de programas (Solucionado)

Non so cree ninguen, pero funciona, supoño que o estar desenchufada durante os veráns, a bateria interna descargase e por algun motivo (non loxico) non carga a memoria de bios ao arrancar, ou se bloquea o software da estufa (pouco probable, senon faria mais de unha vez por ano, ou cun patrón)
Dicir que a bateria CR2032 tiña un voltaxe de 2,76v, moi por debaixo dos 3,2v que soen traer de fabrica.

Agora non sei se un problema da miña estufa ou xeral, por internete a axuda non foi moita, non sei se a xente a ten enchufada todo o ano, ou se cambia paneles coma churros.... eu polo menos dareille voltas antes de volver cambiar outro panel.

Por certo, tamen teño o manual de configuración do servizo tecnico por se alguen lle interesa.



No hay comentarios: