lunes, 9 de enero de 2012

Valoracion das mellores tendas de Galicia

Este post é moi arriscado, xa que cada un saca as suas propias opinións de cada tenda, pero eu fago a miña.


 1º Moises Pontevedra: Calidade e variedade, se tes algo de experiencia podes ter un moi bo trato na tenda. Se es novato, axudanche pero tes que poñer algo da tua parte, polo menos facerlles caso.
 2º Bichos Santiago: Calidade e variedade, un pouco descoidado no aspecto estetico da tenda, pero controla moito do que fala.
  3º Discus Vigo: Sen duvida o unico bo sitio para comprar discos, eso si o propietario faise un pouco antipático, polos comentarios parece que mentres non colledes unha confianza mutua.
  4º Akua Vigo: Bastante variedade, boa calidade e presentación. Botanse de menos materiais e comidas pero en xeral ben.
  5º Pez Vigo: Moita cantidade, quizais demasiada, ainda asi bastante ben. falta un pouco o trato xa que sempre está petado de xente.
  6º Mascotas Pontevedra: A veces ten algo de variedade, nada do outro mundo. Existe neste mundo algo mais que Sera.
  7º Nautilus Coruña: Marca como que trae cousas raras, a min nunca me coincidiron. Peixes en bo estado. Materiais unha seleccion do mellos de cada casa.
  8º Zoolandia Bertamiráns: Melloraron gratamente nos derradeiros anos, gran variedade de materiais, non tanto en peixes, pero xoga tamen cun bo surtido de medicamentos, alguns non moi convencionais.


9º Kiwoko. Todas en xeral, peixes en moi mal estado, augas verdes cantidade de veces. Os peixes son seres vivos, non ofertas de 2x1. Prezos moi caros saindose das suas ofertas, materiais moi escasos.
10º Todalas agrarias de galicia con acuarios: Peixes en moi mal estado, eso si en prezos ben.
11ºArca Vigo: Que non ten claro o seu camiño, que se africano ou amazonico, que se marino ou autoctono, que se hoxe mezclamos discos con phseudotropheus, e mañan marino tropical con camaróns da ria... Moito ollo o que xogades, lede antes a normativa.
 12º Bichos Vigo: Ten unhas baterias impresionantes, e neste mundo hai mais que guppys. Escasez de materiais. Mellorable se se poñen con elo.
 13º Zoolandia Santiago: Sen comentarios. Nada que ver coa de Bertamirans, sendo os mesmos traballadores.
 14º Preakua Vigo: Unha persoa ten que ter palabra do que dí. Non sabe se vai ou ben. Bastante ben de peixes e materiais, pero moi caros.
15 º Mis Bichejos Naron: Existe mas que fluval en acuariofilia, un monton de acuarios escasos en todo. Acuarios que se compran en Alcampo por la mitad de precio. En peces Poco, muy poco, eso si parece que trae alguna que otra cosa rara.
16º +Kotas Cee: Tenda moi pequena, ainda que ten algo de todo. bastante ben para a zona que abarca
17º Hobby Zoo Marineda: Ten bastante material e un bo intento cos peixes, a ver como vai tirando, pero asi por riba parece que non ten moita palabra o propietario.


  CONTINUARÁ.....

No hay comentarios: