lunes, 9 de enero de 2012
Como Montar un acuario
Unha labor bastante sinxela, a pesar do que se diga. Partiremos dos seguintes puntos:
- Importante descontar os cantos nas medidas.
- é mais facil traballar con medidas de 0,5 mm ou de 1 ctm que con medidas mais complicada como 0,7mm.
- Para a exactitude na fixación dos cristais deveriase descontar a maiores 1 mm de grosor da silicona.
- Usar unha boa silicona especial para acuarios (recomendo o polimero de ORCA)
- Importante ter unha mesa
- Ter a man outra persoa que vos axude e cinta.
A montaxe farase pola base, no meu caso xogo a poñer os cristais laterais riba da base do acuario (mais facil para as medias e mais exactas) ainda que se pode facer pegando os laterais polo lateral da base.
Empezamos por un lateral ou frontal, pero o que queda mais para dentro. e logo imos seguindo todo o circuito. Cada vez que pegamos un lateral poñémoslle algo de cinta, cunha boa silicona xa non será necesario nen aguantar, so para facer algo de presion.
O resultado final será un acuario como os comprados ou mais resistente.
Se queredes saber as medidas para non usar tirantes, podedes ir a paxina de Sirocco que eles as indican, asi como o tipo de reforzos que é necesario en cada medida.
Eu recomendovos sobre todo, xogar un pouco co grosor do cristal. Ao fin e o cabo non vai supoñer moito mais sobre o prezo dos cristais, e vistirá moito dando a maiores unha seguridade.
Recordade que o viselado dos critais ten que ser minimo, na cristaleria podedes pedir que volo fagan minimo, no meu daso foi feiro a man polo cristaleiro.
É moi importante que sea unha boa cristaleria, para que os cristais sexan perfectos.
Como eu si podo publicitar, recomendovos CRISTALERIA TAMBRE, no poligono industrial de Santiago de Compostela. Prezos baratos e moi ben traballados.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario