miércoles, 28 de marzo de 2012

Crias de Sturiosoma Panamense

Xa fai un pouco mais de 3 semanas que apareceron uns ovos no cristal, sen duvida os da especie mas agradecida que tiven nos acuario: Sturiosoma Panamense.
Despois de pasar a etapa crítica, dunha posta duns 140 ovos o resultado e o da foto, arredor dun 10 % de supervivencia, porcentaxe que agardo mellorar, despois de usar esta posta como experimento.
Unha posta que dende un principio se dividiu en 4 entornos de cria, sendo factibles so 2 deles e cun porcentaxe mais alto nun destes ultimos. Entorno, que xa estou preparando para os novos alevins que veñen de camiño. Agardo conseguir un mellor porcentaxe nesta nova posta e en sucesivas.


Para acadar este indice de supervivencia, do cal podedes dicir que é baixo, houbo un gran traballo de investigación, lendo artigos en Ingles, Aleman e Español latino. A información sobre a reproducción desta especie é moi escasa, quizais non tanto a reproducción como a supervivencia onde está o pé da cuestión. 
Se nalgun momento me atopo con animo igual me animo a facer un artico específico da cria desta especie, pero ainda non quero cantar victoria, e primeiro vamos a ver como evoluciona.

No hay comentarios: