Agora o resto:
Trae 5 cestas, o cal nos dá pé a colocar dentro todo o que queiramos, eu xa provei a cargalo ven, unha de esponxa 2 de canutillos e unha de arlita, a derradeira con perlon. o resultado, unha filtración espectacular sen grandes perdas de caudal.
Ten un punto fraco e son as chaves, para patosos coma min son demasiado delicadas, xa que hai que desenrroscalas con coidado, se de dobran poden romper, non é un gran gasto, xa que rondan os 5€.
A miña valoración: Dentro dos filtros asumibles de prezo, comprarando con JBL1501-Eheim 2217, estaria por debaixo do JBL pero por riba do Ejeim. Tede en conta que eu falo de acuarios con plantas e poblados.
Co cal concluio para non irme moito mais aló: trátase dun filtro económico, recomendable para acuarios de ata 250-300 non máis. Nas miñas mans, levan 3 anos de uso, e sen ningun problemas, os rotores perfectos e coma novos, o eixo é cerámico o cal é unha ventaxa. Asi por riba son mais ou menos unha copia dos Eheim Profesional II, pero a gran ventaxa sen dúvuda son os 15w de consumo, que non son capaces de igualar eheim ou JBL (ainda que este é un pouco máis grande)
No hay comentarios:
Publicar un comentario